lunes, 1 de abril de 2013

AS GAMELAS DE CORUXO

 A  gamela é unha embarcación costeira pequena, que se usa na pesca de baixura  ou como embarcación auxiliar doutra maior.
Ten a proa e a popa chatas, e o fondo plano. As dimensións varían dende 1,5m de eslora e 0,8m de manga das auxiliares máis pequenas ata os 5,0m de eslora e 2,0m de manga que ten a gamela da Guarda.

Este tipo de embarcación xeralmente se manexa a remo, aínda que existen variantes a vela, coma a gamela curuxeira que evolucionan cunha vela de relinga . Actualmente a zona da popa se ve modificada para poder incorporar un pequeno motor fora borda.

A feitura das gamelas obedece á necesidade dunha embarcación costeira, auxiliar das mais grandes, que permita mover mercancía e persoas en zonas de moi pouco calado, como baixíos e praias. O fondo plano permite sacar da auga a embarcación nas praias con moi pouco esforzo, para deixala fóra do alcance  das mareas .

                            



A praia da Fontaiña  de Coruxo-VIGO, entre as praias de Samil e o Vao , e  donde os gameleiros de Coruxo gardan as suas caracteristicas embarcacios, unicas polas caracteristicas constructivas. Son tres acuarelas que valoro cada unha delas en 30 euros mas gastos de envio .

No hay comentarios:

Publicar un comentario